1. Que é?
É unha función que dende YouTube nos permite crear listas de reprodución de vídeos, e despois se queremos, incrustalas en diferentes sitios webs.
2. Para que?
Estas listas de reprodución permítenos organizar mellor os vídeos e ofrecer unha maior experiencia de visualización, pois os espectadores poden ver varios vídeos sen apenas esforzo. Pódense crear distintos tipos de listas de reprodución: de vídeos relacionados cun tema en concreto, de diferentes capítulos dunha serie para podelos ver en orde, dos nosos vídeos favoritos, etc.
Ademais, como dixen anteriormente, estas listas poden ser incrustadas en diferentes páxinas webs, blogs ou redes sociais, cousa que aínda mellora máis esta aplicación
3. Onde?
www.youtube.com
4. Como?
Primeiro temos que acceder a YouTube e crear unha conta, que se temos conta de Google xa teremos. Despois, unha vez dentro da nosa conta, pinchamons enriba do símbolo da nosa conta (a personiña azul) e dámoslle a "Gestor de vídeos". Despois dámoslle á opción "Listas de reproducción" e aí dámoslle a "Nueva lista de reproducción". Poñémoslle o título que nós queiramos e unha descripción se o desexamos, e despois, imos engadindo os vídeos que queiramos que aparezan na nosa lista, que poden ser tanto vídeos que nos teñamos subido ao noso canal, como vídeos de outros usuarios de YouTube. Se son de outros usuarios o máis cómodo para engadilos á nosa lista de reprodución é abrilos para reproducilos e darlle á opción de "Añadir a". Aí debemos seleccionar a lista de reproducción a que queremos que sexa engadido o vídeo e simplemente engadilo. Ademais podemos escoller se queremos que esta lista de reproducción sexa pública, oculta, ou privada.
Para incrustala nun blog, temos que pinchar na lista de reprodución para reproducila e darlle á opción de compartir. Despois dámoslle a insertar, e copiamos a dirección que nos dá, xa que despois faranos falta.
As listas de reprodución poden ser incrustadas nunha entrada ou nun gadget, para que a lista de reprodución apareza sempre no blog, aínda que o máis normal é que aparezan en entradas.
Simplemente, no blog, dámoslle a crear nova entrada, e na opción html pegamos a dirección da nosa lista de reprodución, que anteriormente copiaramos. Despois cambiamos á opción de redactar, para comprobar que a nosa lista de reprodución está ben, e se queremos podemos escribir algo máis na entrada.
5. Videotitorial / titorial:
Para crear a lista de reprodución:
Para incrustala:
6. Exemplo de uso:
Aquí vos deixo unha lista de reprodución que eu mesma creei sobre Julia Liptniskaia, unha patinadora rusa que con tan só 15 anos xa conseguiu numerosos premios, entre os que destaca unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno Sochi 2014.